InicioOrientalRibadeoA acumulación de excrementos das pombas fixo caer un falso teito no...

A acumulación de excrementos das pombas fixo caer un falso teito no centro de saúde de Ribadeo

O desprendemento do falso teito do oco da escaleira do centro de saúde non afectou ao desenvolvemento da actividade asistencial.

Publicada o

- Advertisement -

. O alcalde, Fernando Suárez, desprazouse esta mañá ata o centro de saúde coa intención de coñecer o alcance do desprendemento dun falso teito. A incidencia foi ocasionada pola grande acumulación de excrementos de pomba. O Concello púxose a disposición da Consellería de Sanidade.

O rexedor comentou que “con grande alarma acudimos a ver que pasaba no centro de saúde e finalmente temos que dicir que non é para tanto. É significativo e curioso porque houbo un desprendemento do falso teito por mor da acumulación de quilos e quilos de excremento de pomba. Durante moitos anos por algún furado ou recuncho se introduciron desde a cuberta exterior a un falso teito debaixo dunhas escaleiras e coa acumulación de excrementos acabouse desprendendo parte dese falso teito”.

Suárez Barcia explicou que “desde o Concello enviamos a persoal de Obras e de Medio Ambiente para que retiren con coidado todo ese excremento, que supoño que servirá de abono para os parques, e tamén nos puxemos a disposición e baixo as instrucións da delegada de Sanidade da Xunta de Galicia para coordinar porque a fin de contas o centro e deles e as obras débeas facer a Xunta para repoñer as instalacións, pero en todo caso a lealdade e a colaboración do Concello de Ribadeo sempre é sistemática, nestas cousas pequenas como noutras grandes”.

A XERENCIA ESPERA TER TODO SOLUCIONADO O LUNS

O xerente da áera sanitaria salientou que se espera que o luns estexa xa reparado o falso teito. O desprendemento do falso teito do oco da escaleira do centro de saúde non afectou ao desenvolvemento da actividade asistencial.

En todo caso, as consultas da última planta, que precisan acceso a través da escaleira, foron trasladadas á primeira planta para desenvolver unha actividade asistencial normal. Os servizos técnicos e de mantemento do Sergas xa están alí e xa se empezaron a reparar os desperfectos.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...