InicioOrientalRibadeoRibadeo aproba o expediente para a reforma do Hospital Asilo

Ribadeo aproba o expediente para a reforma do Hospital Asilo

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, contou que será pola "modalidade de procedemento aberto simplificado con adxudicación á oferta máis vantaxosa economicamente”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo aprobou o expediente de contratación para a reforma do Hospital Asilo na xunta de goberno de onte. A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, subliñou que “o Concello de Ribadeo deu un paso firme e decidido para facer realidade a reforma do Hospital Asilo Municipal de San Sebastián e San Lázaro, ao aprobar o expediente de contratación desta obra tan importante para o noso Concello”.

A edil ribadense explicou que “nesta comisión autorizamos tamén os gastos reflectidos con cargo ás partidas orzamentarias indicadas no informe de Intervención do estado de gastos do vixente orzamento municipal, para facer fronte ao gasto que supón a contratación do citada obra”.

Freire Rancaño contou que “aprobamos o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e Pregos Técnicos que rexerán o contrato pola modalidade de procedemento aberto simplificado con adxudicación á oferta máis vantaxosa economicamente incluíndo tamén outros criterios de selección”.

A concelleira de Servizos Sociais manifestou: “deste xeito, nos vindeiros días publicaremos no Perfil de Contratante o anuncio co contido contemplado pola lei de contratos, para que as empresas interesadas poidan presentar as súas proposicións. A mesa de contratación estará composta por membros da Corporación Local con representación de tódolos grupos políticos e polos funcionarios designados para tal fin”.

Mónica Freire dixo: “desde o goberno de Ribadeo temos o foco sempre posto na atención ás persoas, de xeito que o visto bo a este expediente de contratación, achéganos mais ao momento de poder contar cunha segunda residencia pública, confortable para as persoas usuarias e de calidade, preferentemente para xente de Ribadeo, e a prezos asumibles para as súas rendas”.

A edil nacionalista indicou que “o investimento necesario para amañar o edificio do Hospital Asilo é de mais de 1,6 millóns de euros (ao que habería que engadir o mobiliario). A Xunta de Galicia debería financiar a totalidade desta reforma, porque é o goberno autonómico o que ten as competencias exclusivas en servizos sociais, mais a día de hoxe non temos ningunha comunicación sobre se cumprirá coas súas obrigas neste ámbito”.

E engadiu: “pero, con achega da Xunta ou sen ela, nós, o goberno de Ribadeo, imos ir adiante coa obra do Hospital Asilo, porque para nós é prioritaria e porque queremos que Ribadeo conte con dous centros de atención a persoas maiores públicos e de calidade. Así para poder levala a cabo, dispoñemos duns 800.000 euros, froito da herdanza recibida do doutor Francisco Moreda, e dun préstamo para completar o investimento total ata chegar aos 1.636.035 euros, que supón a reforma e adaptación do edificio. Con este préstamo e a herdanza do doutor Moreda, publicaremos nos vindeiros días o anuncio de licitación destas obras, para que Ribadeo poida contar, mais pronto que tarde, con 90 prazas públicas, coas que as persoas maiores teñan unha atención axeitada e especializada”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...