InicioOrientalRibadeoInvestigan un veciño de Ribadeo por causar danos no vehículo dunha muller...

Investigan un veciño de Ribadeo por causar danos no vehículo dunha muller coa que discutiu

O relato policial sinala que o investigado realizou danos no lateral dun vehículo por "desavinzas previas" coa súa propietaria "a raíz do estacionamento" do turismo.

Publicada o

- Advertisement -

Investigan un veciño de Ribadeo por danos nun vehículo propiedade dunha muller coa que mantivo unha desavinza previa polo aparcadoiro do turismo ao que finalmente causou, supostamente, os danos.

Segundo informou a Garda Civil de Lugo, o home, de 36 anos, está investigado por un delito de danos por uns feitos que ocorreron nunha céntrica rúa desta localidade da Mariña.

Así, o relato policial sinala que o investigado realizou danos no lateral dun vehículo por “desavinzas previas” coa súa propietaria “a raíz do estacionamento” do turismo. As dilixencias foron remitidas ás autoridades xudiciais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...