Concerto de cámara no Teatro de Ribadeo para este mércores

Participarán as agrupacións da Escola de Música de Ribadeo e do Conservatorio de Música de Viveiro.


A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo xunto co Conservatorio Profesional de Música de Viveiro organizan un concerto no que participarán agrupacións dos dous centro educativos.

Esta actividade terá lugar o mércores, 15 de marzo, ás 20:00 horas no Teatro de Ribadeo, con entrada libre. Por parte do CMUS Profesional de Viveiro será unha agrupación de cámara a que interpretará un repertorio variado pasando por diferentes períodos musicais. E pola EMMeD será a Big Band do centro a que interprete unha pequena selección de temas clásicos característicos deste tipo de formación.

Estes intercambios e xornadas de convivencia veñen formando parte ao longo dos anos da programación académica da EMMeD de Ribadeo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here