InicioOrientalRibadeoRibadeo abre unha reunión participativa o vindeiro luns para deseñar un produto...

Ribadeo abre unha reunión participativa o vindeiro luns para deseñar un produto sustentable

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “logo da posta en marcha do programa Ribadeo Circular no que participaron distintos axentes da hostalaría".

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro luns, 20 de marzo, haberá unha reunión participativa para o deseño dun produto sostible. A actividade enmárcase dentro do proxecto Ribadeo Circular. O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “logo da posta en marcha do programa Ribadeo Circular no que participaron distintos axentes da hostalaría e restauración e do que saíron diferentes propostas de desenvolvemento a nivel local para os establecementos comprometidos coa economía circular e sostibilidade do turismo, o Concello de Ribadeo segue a apostar por esta liña de traballo”.

O edil ribadense dixo que “é por iso que, ao fío das iniciativas identificadas durante o desenvolvemento do programa de cara á transición circular, o vindeiro 20 de marzo convócase unha reunión participativa para deseñar de forma conxunta un produto sostible en Ribadeo, como sería un menú ou experiencia sostible”.

Vizoso Galdo indicou que “esta reunión centrarase en recoller achegas e tomar decisións para definir os criterios desta nova iniciativa, como unha vía de impulso e posta en valor do compromiso dos negocios locais cun turismo máis sostible, co apoio do Concello de Ribadeo. Ademais nesta reunión comentaranse tamén outras necesidades detectadas no programa”.

E engadiu que “desde o Concello de Ribadeo invitamos a todas aquelas persoas interesadas a participar na reunión, que terá lugar o 20 de marzo de 9:30 a 11:30 na Casa de Viejo Pancha (Rúa de Viejo Pancho, 12. Primeiro Andar, onde está a  Área de Cultura)”.

Pódese confirmar a asistencia na seguinte dirección: info@alenlab.com, no teléfono 698 170 240 así como cumprimentando o formulario do seguinte enlace QR:

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...