InicioOrientalRibadeoRibadeo aproba nun pleno extraordinario reclamar lealdade á Xunta co hospital asilo

Ribadeo aproba nun pleno extraordinario reclamar lealdade á Xunta co hospital asilo

O alcalde, Fernando Suárez, insistiu en que a Consellería de Política Social “non respondeu nunca aos escritos que lle enviamos en demanda de axuda para poder acometer a reforma do Hospital Asilo”.

Publicada o

- Advertisement -

Por unanimidade foi aprobada, no pleno extraordinario e urxente celebrado este mediodía no Concello de Ribadeo, a proposta da Alcaldía para requirir da Xunta de Galicia o compromiso e a lealdade institucional co Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro.

A encargada de explicar a devandita proposta foi a concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire. Na quenda de intervencións o alcalde, Fernando Suárez, insistiu en que a Consellería de Política Social “non respondeu nunca aos escritos que desde o Concello lle enviamos en demanda de axuda para poder acometer a reforma do Hospital Asilo de Ribadeo”. O rexedor avogou pola sinatura dun convenio interadministrativo para a execución duns traballos que suporán máis de 1,6 millóns de euros, sen contar o investimento no mobiliario.

Suárez Barcia insistiu en que “o Concello solicitou hai meses unha axuda económica a través dunha liña de Fondos NextGeneration ao Goberno do Estado” e pediu que “a Xunta de Galicia aclare a cantidade económica que está disposta a destinar ao Hospital Asilo de Ribadeo e que concrete a qué centros máis próximos serán desviadas as usuarias e os usuarios desta instalación, mentres de realicen as obras de reforma”.

O alcalde criticou a forma de proceder da Xunta de Galicia en todo este asunto: “onte pola tarde enviaron un correo electrónico ao técnico de Servizos Sociais citándoo a unha xuntanza a vindeira semana. Non seguiron para nada os cauces oficiais do que ten que ser a comunicación entre institucións e este mediodía uns minutos antes de empezar este pleno envían outro correo, un pouco máis formal, tras anos e meses sen saber nada da Consellería de Política Social. A vindeira semana acudiremos a esa reunión”.

Fernando Suárez dixo que “o Concello lle remitirá á Xunta de Galicia, empregando o rexistro electrónico, o acordo plenario acadado no día de hoxe por unanimidade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...