InicioOrientalRibadeoA segunda edición do Camiño do Mar Concello a Concello comezará o...

A segunda edición do Camiño do Mar Concello a Concello comezará o 2 de abril

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “un ano máis a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos será punto de selaxe das credenciais do peregrino que realicen o seu roteiro a Compostela a través do Camiño do Mar".

Publicada o

- Advertisement -

O 2 de abril dará comezo en Ribadeo a segunda edición de camiño do Mar Concello a Concello, que organiza a Asociación Amigos Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela. A presentación tivo lugar en Ribadeo e na mesma participaron o responsable da organización, Manuel Vicente, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a concelleira de Igualdade, Mónica Freire, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, e o xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez.

Manuel Vicente deu as grazas “pola colaboración e atención sempre atenta do Concello de Ribadeo e tamén a Acisa, polo seu apoio e colaboración co Camiño do Mar. Lembramos que en Acisa son facilitadores das credenciais para realizar o Camiño do Mar”. Vicente subliñou: “un ano máis presentamos en Ribadeo o proxecto: Camiño do Mar Concello a Concello. Ribadeo é un dos poucos lugares de Galicia con dous Camiños de Santiago, o do Norte e do Mar. Desde o porto de Ribadeo os dous Camiños son coincidentes ata chegar ao centro da vila, lugar onde se bifurca, o Camiño do Norte segue pola rúa San Francisco e o Camiño do Mar pola rúa Villafranca del Bierzo. Xustamente nese lugar, no seu día, estivo a Capela e Hospital de San Sebastián”.

E engadiu que “con esta acción preténdese a divulgación e promoción do territorio en xeral e do Camiño de Santiago que discorre por el, en particular. Agradecémoslles a súa implicación e apoio para o desenvolvemento deste proxecto. Desde a asociación seguiremos realizando distintas accións para seguir acrecentando o Camiño do Mar, antiga vía de peregrinación e ao mesmo tempo demandando esa atención por parte da Xunta para que dunha vez por todas recoñeza o que tiña que recoñecer hai xa unha chea de anos”.

A segunda edición desta iniciativa partirá o 2 de abril desde Ribadeo e concluirá en Santiago de Compostela o 25 de xuño. Serán un total de 13 etapas a realizar os domingos. As prazas son limitadas. As persoas interesadas en participar poderá facelo a través da web https://www.asocaminodelmar.es no apartado de accións 2023, Concello a Concello. A ligazón é o seguinte: https://www.asocaminodelmar.com/acciones/2023/concello-a-concello

Desde o Concello de Ribadeo o alcalde, Fernando Suárez, sinalou: “queremos agradecerlle a Manuel Vicente a elección de Ribadeo para o inicio da segunda edición desta iniciativa. O noso concello, que é porta norte de entrada Galicia, recibe cada ano máis peregrinos dispostos a chegar a Compostela a través dás diferentes roteiros que pode atopar ao seu paso. E o Camiño do Mar é unha desas opcións”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “un ano máis a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos será punto de selaxe das credenciais do peregrino que realicen o seu roteiro a Compostela a través do Camiño do Mar. En Acisa seguimos traballando e colaborando con todas aquelas iniciativas que o que fan é promover a chegada de máis camiñantes, de máis viaxeiros, de máis turistas a Ribadeo, porque iso redundará de forma positiva nos nosos negocios e na economía local”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...