InicioOrientalRibadeoO PP de Ribadeo sinala entre as súas prioridades coas entidades deportivas

O PP de Ribadeo sinala entre as súas prioridades coas entidades deportivas

O portavoz do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, engade “esas colaboracións son froito das propostas que nos traslada cada entidade coas súas necesidades”.

Publicada o

- Advertisement -

O portavoz do Grupo Municipal Popular e candidato á alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, destaca a colaboración dos populares coas entidades deportivas. “Como vimos facendo nos últimos catros anos, seguimos xestionando e colaborando coas entidades deportivas da vila, unha liña de traballo que marcamos desde o inicio da lexislatura”.

Neste sentido, o candidato a alcaldía engade “creo que debemos destacar que esas colaboracións son froito das propostas que nos traslada cada entidade coas súas necesidades”. Vega explica que “neste caso xestionamos un orzamento de preto de 3.000 € para o o Club de Piragúismo Altruán de Ribadeo, concretamente para a compra de embarcacións de pala”.

De feito, o candidato destaca que “como sempre dicimos, todas estas entidades represéntannos en Ribadeo, pero o máis importante é que nos representan fora de Ribadeo”. Para o alcaldable ·”debemos seguir colaborando con todas as entidades, pois fan un magnífico traballo levando o nome de Ribadeo por todo o país”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...