InicioOrientalRibadeoRematan os traballos de conservación e mellora da senda de Vilavella en...

Rematan os traballos de conservación e mellora da senda de Vilavella en Ribadeo

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, explicou: “remataron uns traballos de mantemento tanto na senda como nos terreos afectados pola Rede Natura 2000 no tramo da senda das Aceas".

Publicada o

- Advertisement -

Remataron os traballos de conservación e mellora da senda que vai desde a Vilavella ata o muíño de mareas das Aceas e nos terreos da Rede Natura 2000. A actuación, que consistiu na eliminación de especies exóticas invasoras, retirada de lixo e instalación de dous paneis informativos, realizouse nunha superficie de máis de 90.000 metros cadrados e o investimento ascendeu a 18.000 euros, procedentes de fondos europeos e do propio Concello. 

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, explicou: “rematáronse uns traballos de mantemento tanto na senda como nos terreos afectados pola Rede Natura 2000 na zona da Ría de Ribadeo no tramo da senda das Aceas. Actuouse na senda actual, que bordea todo o ámbito da Vilavella e que remata no muíño de mareas das Aceas. Tamén incluíron o control e retirada de especies exóticas e invasoras, a eliminación do lixo e de verteduras difusas e a instalación de dous paneis con información sobre as normas mínimas de comportamento para o público”.

O edil nacionalista subliñou que “todas estas intervencións de mantemento e control teñen un orzamento total de 18.149,99 euros, aportados por fondos europeos e o Concello de Ribadeo. A superficie total da actuación son 90.760 metros cadrados e o obxectivo prioritario deste tipo de accións é impedir a propagación destas especies invasoras e mellorar o estado de conservación dos hábitats da Rede Natura 2000”.

Para Díaz Freije “isto é un grao de area máis de toda esta política medioambiental que se está a facer desde o Concello desde hai xa moitos anos e que pretendemos seguir con ela, con este tipo de actuacións de conservación e de mantemento do estado de todas estas zonas verdes tan atractivas que ten o concello de Ribadeo”. Ata a Vilavella se achegaron os concelleiros de Medio Ambiente, Medio Rural e Turismo, Jorge Díaz, Marcos Villamil e Pablo Vizoso.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...