InicioOrientalRibadeoRibadeo declara en susenso o prazo de presentación de ofertas á licitación...

Ribadeo declara en susenso o prazo de presentación de ofertas á licitación do ciclo integral da auga

O alcalde, Fernando Suárez, contou que “foron presentados tres recursos en materia de contratación contra os Pregos Técnicos e Administrativos deste expediente de contratos".

Publicada o

- Advertisement -

A Corporación Municipal, en pleno extraordinario e urxente, celebrado esta tarde acordou remitirlle ao Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia os informes emitidos polos técnicos aos tres recursos presentados contra o contrato de concesión de servizos do ciclo integral da auga de Ribadeo. Mentres se resolve esta cuestión queda en suspenso o prazo de presentación de ofertas.

O alcalde, Fernando Suárez, contou que “dentro do prazo de presentación de ofertas á licitación do contrato de concesión de servizos do ciclo integral da auga de Ribadeo, foron presentados tres recursos en materia de contratación contra os Pregos Técnicos e Administrativos deste expediente de contratos. Así nolo comunicou nestes últimos momentos o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia, e onde nos dá un prazo moi breve para enviar a totalidade do expediente así coma o informe que exprese o parecer do Concello no tocante a estes tres recursos”.

O rexedor explicou que “unha vez que recibimos este requirimento, propúxose a suspensión dos prazos para a presentación de ofertas mentres non teñamos o veredicto deste Tribunal, que non adoita demorarse moito. Esta suspensión acordouse como medida de prudencia e respecto ao Tribunal e aos licitadores, a fin de que poidan facelo con todas as garantías, unha vez que o Tribunal, valide ou non o expediente administrativo que aprobou hai varias semanas o Pleno da Corporación, por unanimidade dos seus membros”.

Suárez Barcia subliñou que “agora pola tarde, este mesmo Pleno da Corporación, como órgano de contratación para este contrato de concesión de servizos do ciclo da auga, acordou subscribir o contido dos informes emitidos polos técnicos con respecto a eses tres recursos. De xeito inmediato, trasladaranse estes acordos plenarios ao TACGAL para que proceda a avalialos e emitir a súa resolución”.

O alcalde indicou que “desde o Concello de Ribadeo, coma sempre, cumpriremos o veredicto deste Tribunal Administrativo, desde o convencemento de que debemos e temos que licitar unha concesión de servizos que acaba de caducarlle o seu período de 25 anos de vixencia, tal e como prescribe a Lei de Contratos do Sector Público. E tamén no convencemento, como servidores públicos que somos, das melloras que esta nova licitación traerá para o interese público da veciñanza, tanto en maiores como en mellores servizos de auga, saneamento e depuración, tal e como prescriben todas as normas galegas, estatais e europeas vixentes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...