Ribadeo outorga cinco licenzas para a rehabilitación de tres vivendas e dúas obras novas

O alcalde, Suárez Barcia, explicou que “demos autorización para a rehabilitación integral dunha vivenda onde tivemos que facerlles requirimentos dado o estado de mala conservación que tiña".

Consistorio de Ribadeo. AXM

A Xunta de Goberno do Concello de Ribadeo concedeu cinco licencias para a rehabilitación integral de tres vivendas e para dúas obras novas, segundo deu a coñecer o alcalde, Fernando Suárez.

O rexedor contou que “todo o mundo sabe que cada quince días, de xeito áxil, celebramos Xuntas de Goberno onde autorizamos as obras, actividades económicas, etc, que de desenvolven no noso concello. Na de onte, seguimos con boas novas, que teñen absolutamente que ver con que Ribadeo teña un Plan Xeral de Ordenación Municipal e un Plan do Conxunto Histórico aprobados e que cumpren cos parámetros modernos da lexislación actual”.

Suárez Barcia explicou que “por iso, logo de ter os informes técnicos favorables, demos autorización para a rehabilitación integral dunha vivenda na Rúa San Roque. Neste caso, alegrámonos moito porque desde o Concello tivemos que facerlles requirimentos dado o estado de mala conservación que tiña. Tamén demos licenza para dúas obras novas na Veigadaira, en Ove, así como na Rúa Rodríguez Murias, de Rinlo. E tamén para dúas rehabilitacións integrais mais. Unha na Praza de José María López, no casco vello, e outra nas Aceas, en Ove”.

O alcalde subliñou: “en total son cinco inmobles que contribuirán a ir mellorando e facendo de Ribadeo un lugar moi atractivo para vivir así como impulsar e dar traballo ao sector da construción e da rehabilitación da nosa contorna”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here