InicioOrientalRibadeoO XVI Ribadeo de Tapeo celebrarase entre o 13 e o 21...

O XVI Ribadeo de Tapeo celebrarase entre o 13 e o 21 de maio

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, dixo que “esta nova edición desexamos que reflicta a identidade gastronómica do noso pobo con fondas raíces tradicionais".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello ven de presentar as bases do concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo, que chega á súa décimo sexta edición e que terá lugar do 13 ao 21 de maio.

O concelleiro de Turismo e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “esta nova edición desexamos que reflicta a identidade gastronómica do noso pobo con fondas raíces tradicionais, mais sempre na vangarda e buscando a distinción e a diferenciación. E son precisamente dous factores claves para favorecer a continuidade no tempo dun dos concursos culinarios máis veteranos de Galicia. E un espazo no que os nosos hostaleiros se converterán en anfitrións e os nosos produtos en verdadeiros protagonistas”.

O edil ribadense explicou que “o concurso dará comezo o 13 de maio e prolongarase ata o 21 de maio.O prazo de inscrición para os establecementos remata o 14 de abril”.

Vizoso Galdo subliñou que “do mesmo xeito que na edición anterior contaremos cunha pase previa. É dicir as semanas previas un/unha cociñeiro/a especializado na materia degustará e revisará as tapas presentadas ao concurso. Este fase terá simplemente un carácter de intercambio de impresións entre profesionais en relación coa elaboración e presentación das tapas”.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, referiuse á selección e aos premios do xurado: “a estes premios concorrerán todos os estabelecementos inscritos no concurso. A organización reservase a posibilidade de realizar dúas quendas de selección. Unha primeira onde se escollerán os establecementos finalistas e outra quenda onde se escollerán os premiados”.

Otero Cabarcos indicou que “os premios do público, como en edición anteriores, concorrerán todos os estabelecementos inscritos no concurso e os gañadores serán elixidos polo público. O prezo da tapa será de 2,50 euros”.

E engadiu que “para calquera dúbida ou aclaración pódese chamar á oficina de turismo do Concello de Ribadeo (982 128 689) ou escribir un email a turismo@ribadeo.org”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...