IniciosociedadeA Xunta di que esgotará todas as vías xudiciais para manter o...

A Xunta di que esgotará todas as vías xudiciais para manter o topónimo ría de Ribadeo

Así o expuxo o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento galego a preguntas do deputado do PPdeG Daniel Vega.

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta esgotará todas as vías xudiciais para lograr que se manteña a denominación de ría de Ribadeo fronte á decisión do Goberno central de dar carácter oficial ao topónimo ría do Eo.

Así o expuxo o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento galego a preguntas do deputado do PPdeG Daniel Vega.

Será un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid despois de que se aceptasen os argumentos do Principado de Asturias, que o representante da Xunta non considerou “fundamentados”.

Así vinculou só a documentos privados a denominación de ría do Eo, mentres que asegurou que a de ría de Ribadeo aparece “en documentos oficiais”. “Sempre foi ría de Ribadeo”, insistiu.

Tras acabarse a vía administrativa, asegurou que irán aos tribunais e que esgotarán todas as vías posibles. “Abócannos a un conflito no ámbito xurídico“, lamentou Valentín García, quen lembrou que o preito se ultima cos letrados da Xunta e as universidades de Vigo e Santiago e con asesoramento da Real Academia Galega (RAG).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...