InicioOrientalTrabadaTrabada celebra unha nova edición do 'TapEo' cos establecementos de hostalaría

Trabada celebra unha nova edición do ‘TapEo’ cos establecementos de hostalaría

Do 31 de marzo ao 2 de abril, regresa esta cita gastronómica na que se poderá degustar una selección das mellores receitas preparadas nas cociñas dos restaurantes e bares de Trabada.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada, en colaboración cos establecementos de hostalaría, organiza unha nova edición de TapEo.

Do 31 de marzo ao 2 de abril, regresa esta cita gastronómica na que se poderá degustar una selección das mellores receitas preparadas nas cociñas dos restaurantes e bares de Trabada.

A Taberna da Curuxeira ofrece como tapas nesta edición o cachopín e os garbanzos mariñeiros, mentres que o Bar o Porfirio participa cunha piruleta asturcelta con salsa barbacoa e un salpicón de marisco, e o Mesón Camiño Norte cunha carrilleira en salsa e empanadillas de primaveira.

Dende o Concello de Trabada organizamos o TapEo cun dobre obxectivo: por unha banda buscamos impulsar e dinamizar o sector hostaleiro da nosa vila, e por outro, poñer en valor o produto local, cunha selección de pratos na que se amosa tanto a súa calidade, como a variedade de posibilidades na súa elaboración”, subliña a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

“Estamos desexando poder probar xunto aos nosos veciños e veciñas, e os visitantes que se acheguen ata Trabada, todos estes pratos que de seguro, un ano máis, serán un éxito”, engade a rexedora.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...