InicioOrientalRibadeoComezan as obras de mellora e acondicionamento nas rúas Luz Pozo Garza...

Comezan as obras de mellora e acondicionamento nas rúas Luz Pozo Garza e Virxe do Camiño

A concelleira de Obras, Mónica Freire, engadiu: “en conxunto, as obras supoñen unha decidida aposta pola humanización desta área e pola calidade de vida".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello iniciará nos vindeiros días as obras de mellora e acondicionamento na rúa Luz Pozo Garza e nun marxe da rúa Virxe do Camiño. O investimento achégase aos 200.000 euros e o prazo de execución será de catro meses.

A concelleira de Obras, Mónica Freire, sinalou que “estas importantes e agardadas obras de mellora configúranse como unha mellora e humanización desta área urbana que se atopa deteriorada por mor de sucesivas reparacións”.

A edil ribadense dixo que “agora, o Concello vai executar a dotación dun novo pavimento de aglomerado asfáltico e dunhas novas beirarrúas ao longo de toda a rúa Luz Pozo Garza, onde tamén se implementarán novas tubaxes de abastecemento de auga, unha nova canalización de saneamento e unha nova rede de alumeado xa fixada con criterios Led. Ademais na rúa Virxe do Camiño, fronte ao Xardín de Indianos e tamén na marxe contra a capela da Virxe do Camiño, vaise substituír o pavimento existente na beirarrúa, renovándose tamén as farolas existentes e o sistema de alumeado. Tamén se procederá ao pintado dos bordes e prazas de aparcamento, á sinalización horizontal e vertical e á dotación de mobiliario urbano e árbores”.

Freire Rancaño subliñou que “esta inversión, que supón 198.772,76 euros de orzamento, é financiada a través dun convenio de colaboración asinado coa Deputación de Lugo e foi adxudicada á empresa Desarrollos y Metas, S.L. O período máximo de execución das obras será de catro meses”. A concelleira de Obras engadiu: “en conxunto, as obras supoñen unha decidida aposta pola humanización desta área e, por extensión, pola calidade de vida e a recuperación de espazos nesta zona da nosa vila”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...