ACISA Ribadeo celebra a súa axemblea xeral ordinaria este mércores

A asemblea dará comezo en primeira convocatoria ás 20:20 horas e en segunda ás 20:30 horas.


A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo celebrará mañá, 29 de marzo, a súa asemblea xeral ordinaria. Será no Teatro.

Os asuntos que se abordarán son: a lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea xeral ordinaria celebrada o 24 de marzo de 2022; lectura e aprobación, se procede, da conta xeral de ingresos e gastos do exercicio pasado, o de 2022; estado da asociación, análise e valoración das actividades realizadas no pasado exercicio; informe e aprobación, si procede, do orzamento ordinario para 2023; informe da programación de actividades previstas para este ano; informe dos festivos e domingos de apertura en 2023 e ampliacións horarias; rogos e preguntas.

A asemblea dará comezo en primeira convocatoria ás 20:20 horas e en segunda ás 20:30 horas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here