InicioOrientalRibadeoRematan as obras do campo de fútbol da Devesa en Ribadeo

Rematan as obras do campo de fútbol da Devesa en Ribadeo

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, explicou que “estes días xa se están facendo traballos de perfilado, antes da semente do campo con herba natural".

Publicada o

- Advertisement -

Coas tarefas de sementado e perfilado entran na fase final as obras que o Concello acomete no campo de fútbol da Devesa e que supuxeron un investimento de 50.000 euros.

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, contou que “se están a realizar uns traballos que quedaban pendentes no campo de fútbol de Outeiro, na Devesa: o sementado e o perfilado, que se suspenderan por motivos meteorolóxicos, debido á cantidade de choiva que se acumulou no campo durante todo o inverno”.

O edil nacionalista explicou que “estes días xa se están facendo traballos de perfilado, antes da semente do campo con herba natural, co que se rematarán todas as melloras que se levaron a cabo no campo de Outeiro, na Devesa, entre elas o sistema de rego e o asentamento. O investimento destas obras é de 50.000 euros, para as que se contou cunha axuda da Área de Deportes da Deputación de Lugo”.

Díaz Freije agarda que “nestes días ou na vindeira semana quede sementado e que non haxa ningún contratempo polas condicións meteorolóxicas, que son moi importantes para este tipo de traballos que se realizan nos campos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...