InicioOrientalRibadeoRibadeo ampliará o alboio de piragüismo despois de Semana Santa

Ribadeo ampliará o alboio de piragüismo despois de Semana Santa

O concelleiro de Deporte, Jorge Díaz, dixo que "desde o Concello queremos seguir apoiando tanto ao piragüismo como a outras actividades, sobre todo de deporte base”.

Publicada o

- Advertisement -

Despois de Semana Santa comezarán as obras de ampliación do hangar de piragüismo, que suporán un investimento de 57.000 euros. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, agradece o apoio da Área de Deportes da Deputación de Lugo. 

O edil ribadense considera que “estamos nun día importante tanto para o piragüismo en Ribadeo como para o Concello porque empeza esta obra de ampliación do hangar de piragüismo, deporte que xira en torno ao club Altruán, sen o cal hoxe o piragüismo en Ribadeo non sería realidade. Está claro que sen todos os que forman este club (pais, nais, profesores, alumnado, amigos, colaboradores como o Concello de Ribadeo e outras administración que axudan) non sería factible, pero sobre todo por eses pais e nais, por eses nenos e nenas, por eses rapaces e rapazas que están adestrando todos os días, estean malos, mellores ou moi bos”.

Díaz Freije contou que “hoxe damos o pistoletazo de saída á ampliación, pero antes de chegar a este paso houbo unha pequena travesía no deserto porque este edificio era propiedade de Costas e cedeuno ao Concello de Ribadeo, que cando recibiu este inmoble decidiu melloralo facendo uns vestiarios dignos para todos estes rapaces e rapazas que adestran aquí día a día. E agora con esta importante obra esperemos que o piragüismo xa estea en Ribadeo á altura dos outros deportes que temos aquí, cunhas instalacións en perfecto estado, cos seus vestiarios e cun sitio máis cómodo para adestrar e para interactuar entre os rapaces e rapazas”.

O concelleiro de Deportes subliñou que “era un pequena débeda que tíñamos adquirida desde hai uns anos por esta travesía longa que tivemos que pasar para que este edificio con esta obra de ampliación xa teña todos os servizos básicos para que esta actividade deportiva siga con tantos éxitos como está tendo ultimamente; por exemplo a fin de semana pasada tres nenas lograron tres ouros, como estandarte de Ribadeo, da Mariña e de Galicia, e fixeron que Ribadeo volvese soar alto e forte. E desde o Concello queremos seguir apoiando tanto ao piragüismo como a outras actividades, sobre todo de deporte base”. Ata o hangar de piragüismo se achegaron nesta xornada os concelleiros de Deportes e Desenvolvemento Local, Jorge Díaz e Pablo Vizoso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...