InicioOrientalRibadeoRibadeo e a ANPA Esteo organizan obradoiros de voleibol

Ribadeo e a ANPA Esteo organizan obradoiros de voleibol

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo: “consideramos que o deporte contribúe á educación integral da mocidade, ao desenvolvemento harmónico da súa personalidade”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo e a Anpa Esteo organizan obradoiros de voleibol destinados á mocidade nos meses de abril e maio. A actividade enmárcase no programa o Concello cos Coles. Neste proxecto colaboran o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e a empresa de tempo libre Anacos de Lecer.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo: “consideramos que o deporte contribúe á educación integral da mocidade, ao desenvolvemento harmónico da súa personalidade, á formación en valores e á adquisición de hábitos saudables”.

A edil ribadense sinalou que “como obxectivo ademais de adquirir destreza e coñecemento na práctica desta disciplina deportiva, o que se persegue é fomentar en todo momento a participación por riba do resultado e a concepción igualitaria”.

As datas de celebración son os días 21, 22, 28 e 29 de abril e 5 e 6 de maio. Nesas xornadas desenvolveranse os obradoiros de toma de contacto e iniciación. E os días 12 e 13 maio haberá un mini torneo. As persoas interesadas poden obter información e inscribirse no seguinte whatsapp 617585449.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...