InicioOrientalRibadeoO III Ribadeo Ilustrado celebrarase durante a segunda semana de xuño

O III Ribadeo Ilustrado celebrarase durante a segunda semana de xuño

O concelleiro Pablo Vizoso indicou que “haberá tamén lugar para as representacións teatrais a cargo de diversas formación locais e foráneas e non faltarán actividades para as crianzas”.

Publicada o

- Advertisement -

Do 9 ao 11 de xuño celebrarase o III Ribadeo Ilustrado. O cartel foi presentado este mediodía polos concelleiros de Turismo e Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero.

O edil ribadense contou que “este ano o tema central ao redor do que xirarán as actividades será Ribadeo, porto comercial e corsario. Tentaremos explicar que estaba acontecendo en Ribadeo e na contorna, na primeira metade do século XVIII para emerxer unha figura coma a de Raimundo Ibáñez”.

Pablo Vizoso lembrou que “a Área de Turismo leva tempo traballando na conformación da marca Ribadeo Ilustrado, dotándoa de contido a través de proxectos como os micro vídeos teatralizados, as rutas 360, visitas guiadas, visitas teatralizadas, e organizando no mes de xuño este evento que ano a ano vai medrando”.

O concelleiro de Turismo explicou que “así, esta edición pretende ser moito máis ambiciosa, formará parte do programa un ciclo de conferencias onde participarán historiadores como: Alberto Paraje, Xoán Carmona Badía, Xosé María Leal Boveda, Xoán Ramón Fernández Pacios, representacións musicais e teatrais nas que destacan formación como L’Unisoni, Maestrissima e Molto Barroco”.

E engadiu que “haberá tamén lugar para as representacións teatrais a cargo de diversas formación locais e foráneas e non faltarán actividades para as crianzas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...