InicioOrientalRibadeoRibadeo organiza cinco roteiros para a Semana Santa

Ribadeo organiza cinco roteiros para a Semana Santa

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, anima aos visitantes “a coñecer o pasado ilustrado e indiano de Ribadeo e a riqueza arqueolóxica e paisaxística do noso concello”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo organiza 5 roteiros guiados durante esta Semana Santa. O mércores, 5 de abril, desenvolverase a XeoRuta dos Ollos con saída ás 10:30 horas desde a praza de Santa Catarina, en Rinlo. Para o xoves, 6 de abril, estará prevista unha ruta polo Ribadeo Indiano, que partirá ás 17:00 horas da Oficina de Turismo.

O venres, día 7, será tempo para que os visitantes poidan achegarse ata o Ribadeo Ilustrado. Esta ruta sairá tamén ás cinco da tarde das inmediacións do Concello. O sábado, 8 de abril, terá lugar a XeoRuta da Ría con saída ás 16:30 horas da Oficina de Turismo. E o domingo, día 9, neste caso en horario de mañá haberá unha nova ruta polo Ribadeo Indiano. Dará comezo ás 12:00 na Oficina de Turismo,

As persoas que desexen facer algunha destas rutas poden reservar praza no teléfono 982 128 689 ou tamén na web turismo.ribadeo.gal na sección de Momentos. As prazas son limitadas. Estas actividades son balde.

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, anima aos visitantes “a coñecer o pasado ilustrado e indiano de Ribadeo e a riqueza arqueolóxica e paisaxística do noso concello. Estas rutas son unha boa oportunidade para facelo”. Estes roteiros guiados foron presentados polos concelleiros de Turismo, Cultura e Medio Rural, Pablo Vizoso, Pilar Otero e Marcos Villamil.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...