A Corporación Municipal do Concello de Ribadeo, por mor do tráxico falecemento de varios rapaces e rapazas de Ribadeo nun accidente de tráfico esta mañá no Concello de Xove, quere manifestar a seguinte declaración institucional:
PRIMEIRO. Declarar loito oficial local en Ribadeo durante tres días, desde hoxe até o vindeiro luns día 3 de abril, como un xeito de solidariedade, condolencia e de sincero apoio ás familias das persoas que lamentablemente perderon a vida.
Somos conscientes de que os xestos non calman a dor, aínda que nos mostran a cercanía, a solidariedade e o apoio da corporación municipal de xeito unánime.
SEGUNDO. A declaración de Loito Oficial conlevará, como mostra de respecto e condolencia por tal luctuoso feito, as seguintes accións:
a. Quedan suspendidos todos os actos oficiais organizados polo Concello de Ribadeo, a través de calquera das súas áreas, durante o tempo do loito oficial.
b. Arriar as bandeiras do Concello a media asta.