InicioOrientalRibadeoAs Catedrais terán en funcionamento os seus aseos até o 10 de...

As Catedrais terán en funcionamento os seus aseos até o 10 de abril

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, ubliñou que “son uns baños modélicos tanto no uso como no servizo e están a disposición de todos aqueles visitantes que veñan ver a praia".

Publicada o

- Advertisement -

Os aseos da praia das Catedrais están en funcionamento ata o vindeiro luns, 10 de abril, segundo informou o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz.

O edil ribadense dixo: “desde a Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo informamos que, como todos estes últimos anos, están abertos os baños da praia das Catedrais. Abriron o pasado sábado, día 1, e estarán en funcionamento ata o vindeiro luns, 10 de abril”.

Díaz Freije subliñou que “son uns baños modélicos tanto no uso como no servizo e están a disposición de todos aqueles visitantes que veñan ver a praia ou o entorno para que se acheguen a usalos. Como está contemplado na ordenanza, cóbrase un euro por cada uso”.

O concelleiro de Medio Ambiente fai unha chamada á concienciación cidadá para que todo o entorno das Catedrais se manteña o máis limpo posible: “que sexan todos benvidos esta Semana Santa a Ribadeo. Todo o mundo é benvido, tanto na Semana Santa como outros días, e pedímoslles que, por favor, fagan un bo uso de todos os espazos, que non deixen papeis, bolsas ou restos de comida espallados por toda a zona. Hai contedores para que todas e todos deixen o lixo neles. Que As Catedrais luzan ben é cousa de todos: do Concello, pero tamén dos visitantes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...