InicioOrientalRibadeoRibadeo inicia as tarefas de pintado e sinalización en varios camiños das...

Ribadeo inicia as tarefas de pintado e sinalización en varios camiños das parroquias do concello

O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, contou que “dentro do programa de amaño e mellora de camiños que estamos a desenvolver por todas as parroquias do noso concello".

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, informa sobre as tarefas de pintado e sinalización que desde hoxe se están a realizar en varios camiños das parroquias ribadenses. Ditos traballos poderán ocasionar cortes na circulación.

O edil nacionalista contou que “dentro do programa de amaño e mellora de camiños que estamos a desenvolver por todas as parroquias do noso concello, tanto nas da costa como nas do interior, estamos aproveitando agora co bo tempo para facer as operacións de pintado e sinalización de marcas viais”.

Villamil dixo: “é por iso que a empresa adxudicataria, a partir deste martes, iniciará estes traballos de pintado polo que é posible que se poidan producir cortes na circulación ou mesmo haxa que habilitar desvíos alternativos. Por todo iso, queremos advertir á poboación, especialmente das parroquias afectadas, para que o teñan en conta nos seus desprazamentos ao longo desta semana”.

O concelleiro de Medio Rural engadiu: “sabemos que é un incordio, pero o resultado final co viario aglomerado e coa correspondente pintura garante unha seguridade agora e no futuro moi importantes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...