InicioOrientalRibadeoAlumnado de Ribadeo agradece a ACISA e cidadanía o seu apoio para...

Alumnado de Ribadeo agradece a ACISA e cidadanía o seu apoio para a excursión de fin de curso

Alumnado de 4º da ESO do Colexio Sacro Corazón, de Ribadeo, sinalan que “queremos agradecer o interese por parte de todas aquelas persoas que quixeron colaborar".

Publicada o

- Advertisement -

Alumnado de 4º da ESO do Colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, realizou un sorteo de premios valorados en máis de 1.500 euros co obxectivo de recadar fondos para a súa viaxe de fin de curso a París. Agora agradecen a colaboración de Acisa, dos seus establecementos asociados e da cidadanía en xeral con esta iniciativa.

Alumnas e alumnos sinalan: “queremos agradecer o interese por parte de todas aquelas persoas que quixeron colaborar buscando, mesmo, os cadros de firmas nos diferentes establecementos. Lamentamos non ter máis marxe de tempo para poder resolver esa petición. E queremos especialmente agradecer enormemente a colaboración prestada polo Concello, por Acisa ou por Folder así como por parte dos 51 establecementos ribadenses e lindeiros, coa excursión de 4º diso do noso Colexio Sacro Corazón”. E engaden: “que se sumasen tantos establecementos non só de Ribadeo senón propiamente da zona é unha garantía de orgullo que nos leva a pensar a sorte que tanto veciños como visitantes temos de poder gozar dunha oferta tan rica a nivel hostaleiro, gastronómico ou deportivo, pero tamén é verdade que cando se pon tanto detalle, mimo e coidado no produto que se traballa obtéñense estes resultados de tan gran calidade”.

Acisa colaborou co alumnado de 4º da ESO do Colexio Sacro Corazón difundindo esta iniciativa organizada para recadar fondos para a súa viaxe de fin de curso e acollendo a celebración do sorteo dos premios postos en xogo, que tivo lugar o pasado 31 de marzo. Os afortunados poden recoller os seus premios nas instalacións de Telepizza en Ribadeo.

Adamo

Dentro do marco de colaboración que Acisa mantén con Adamo esta empresa expón aos negocios asociados ao colectivo empresarial ribadense unha oferta con condicións vantaxosas: fibra óptica con capacidade de 1000 MBps, fixo ilimitado, móbil ilimitado, IP fixa, instalación gratuíta, portabilidad gratuíta (en caso de necesitala)… Todo iso por 10 euros ao mes os 6 primeiros meses e a partir do 6º mes, 59 euros (permanencia de 12 meses). Ademais Adamo, e só por ser socio de Acisa, aplicaralles un abono, correspondente ás cotas dos 6 primeiros meses, isto é devolveranlles 60 euros. A oferta, dirixida a empresas asociadas e aos seus empregados, será válida ata o 30 de xuño de 2023.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...