InicioOrientalRibadeoRibadeo sinaliza nos Bloques a perigosidade na zona de lodeiras da Ría

Ribadeo sinaliza nos Bloques a perigosidade na zona de lodeiras da Ría

A concelleira de Obras, Mónica Freire, apuntou que “desde o Concello atendemos a recomendación do club de remo e procedemos a sinalizar a zona para tentar evitar incidentes”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello sinalizou nos Bloques a perigosidade que supón a zona de lodo e barro da ría. A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “tras o incidente que se producía hai uns días decidimos colocar un sinal advertindo do perigo que supoñen algunhas zonas na ría nas que o barro e os lodos nos poden dar algún que outro susto. Grazas á colaboración de varios veciños e do presidente do club de remo de Ribadeo o accidente non foi a máis”.

A edil ribadense sinalou: “é preciso que sexamos precavidos, sobre todo senón coñecemos o entorno natural no que nos movemos. Nas rías e nalgunhas praias é normal encontrarse con lodos ou con lama. Por este motivo hai que ter moito coidado”.

Freire Rancaño engadiu: “desde o Concello atendemos a recomendación do club de remo e procedemos a sinalizar a zona para tentar evitar incidentes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...