InicioOrientalRibadeoRibadeo mostrará os retratos dos diferentes alcaldes do concello durante a democraia

Ribadeo mostrará os retratos dos diferentes alcaldes do concello durante a democraia

Os traballos estarán colgados no primeiro andar do Pazo de Ibáñez para a súa permanente exhibición, ao igual que se fai noutras administracións públicas.

Publicada o

- Advertisement -

No Concello terá lugar este venres, 21 de abril, o acto de descubrimento dos cadros que reproducen as imaxes das dez persoas que ocuparon a Alcaldía de Ribadeo nos diferentes períodos dos mandatos democráticos contemporáneos desde as primeiras eleccións municipais no ano 1979. Estas obras foron realizadas e entregadas de xeito altruísta ao Concello por Concepción Millán Martínez.

Os traballos estarán colgados no primeiro andar do Pazo de Ibáñez para a súa permanente exhibición, ao igual que se fai noutras administracións públicas. O acto está convocado para o venres ás 17:00 horas. Ao mesmo están convidados os alcaldes e os familiares dos rexedores xa falecidos.

Rexedores desde 1979

1- Mario Meira González

1979-1980

2.-José Fojo Barcia

1980-1981

3.-Antonio Martínez lopez

1981-1983

4.- Jaime Vidaurrázaga Urbieta

1983

5.- José Ramón Cociña García

1983-1985

6.- Jose Luis Trashorras méndez

1985-1987

7.- Eduardo Guitiérrez Fernández

1987-1995

8.-José Carlos Rodríguez Andina

1995-2003

9.-Balbino Pérez Vacas

2003-2007

10.-Fernando Suárez Barcia

2007-2023

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...