InicioOrientalRibadeoRibadeo cortará o subministro de auga este mércores que afectará a varias...

Ribadeo cortará o subministro de auga este mércores que afectará a varias zonas

O concelleiro de Medio Ambiente, Díaz Freije subliñou: “pedimos a máxima colaboración e senso para que esta obra de mantemento se leve a cabo ben".

Publicada o

- Advertisement -

Mañá, día 19, producirase un corte no subministro de auga que afectará a varias zonas de Ribadeo, segundo deu a coñecer o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz.

O edil explicou: “desde o Concello de Ribadeo queremos informar que vai haber un corte de auga por razóns de mantemento mañá desde as 8 da mañá ata a 1 da tarde. Esperemos que estes traballos estean rematados neste tramo horario. As zonas afectadas son: Couxela, Santalla, Porto, Reme, Vilaousende e algunha parte de Ove, como Frieira”.

Díaz Freije subliñou: “pedimos a máxima colaboración e senso para que esta obra de mantemento, que hai que facer de vez en cando para que a rede estea nas mellores condicións posibles, se leve a cabo ben. Esperamos e desexamos que estes labores sexan frutíferos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...