InicioOrientalRibadeoO Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2023 de Ribadeo presenta...

O Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2023 de Ribadeo presenta as súas bases

Publicada o

- Advertisement -

A Biblioteca Pública Municipal “El Viejo Pancho” de Ribadeo convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas (fase local) coas seguintes bases:

1ª/ Poden participar todas as nenas e nenos con:

-A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema proposto a continuación: “Libros para xogar, libros para vivir”. Hai libros que invitan a xogar: libros pop-ups, libros con sons ou mesmo con olores, libros para buscar e atopar, libros con xogos de enxenio… Mais tamén usamos os libros cando xogamos a ser mestres, ou escritoras ou mesmo cando xogamos a ter unha libraría ou a traballar nunha biblioteca.

XOGAR + LER = VIVIR

-B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4 (folio), sobre o tema: “Libros para xogar, libros para vivir”. Hai libros que invitan a xogar: libros pop-ups, libros con sons ou mesmo con olores, libros para buscar e atopar, libros con xogos de enxenio… Mais tamén usamos os libros cando xogamos a ser mestres, ou escritoras ou mesmo cando xogamos a ter unha libraría ou a traballar nunha biblioteca.

XOGAR + LER = VIVIR

2ª/ Cada autor/a pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lápis. No reverso de cada traballo irán escritos os seguintes datos : nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e colexio do autor ou autora.

3ª/ Establécense tres categorías : A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, e C, de 12 a 16 anos.

4ª/ O prazo de presentación rematará o vindeiro 16 de maio, debendo ser entregados na

BIBLIOTECA MUNICIPAL.

5ª/ O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.

6ª/ O ditame do xurado local farase público despois do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

7ª/ Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

8ª/ Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

9ª/ Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

10ª/ A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...