InicioOrientalRibadeoRibadeo realiza traballos de aglomerados na estrada de acceso á vila xunto...

Ribadeo realiza traballos de aglomerados na estrada de acceso á vila xunto ao Pepe Barrera

Desde o Concello avisan que se producirán cortes de tráfico durante dous ou tres días mentres se arranxa o firme da estrada.

Publicada o

- Advertisement -

Estes días realízanse traballos de aglomerado na estrada de acceso á vila que discorre a carón do campo de fútbol Pepe Barrera. Estas tarefas poderían implicar estes días algúns cortes de tráfico, segundo contou o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez.

O rexedor dixo que “xa na parte final da execución desta importantísima obra que estamos facendo en Ribadeo a través da Deputación de Lugo, coa que se está mellorando moitísimo o acceso á vila desde as parroquias do interior, coa ampliación da ponte de FEVE e con toda a mellora deste vial pola zona da Faxarda, desde hoxe están descargando todo o material para iniciar o aglomerado e xa encarreirando a parte final desta obra”.

Suárez Barcia subliñou: “queremos advertir á cidadanía, sobre todo á que vive por ese entorno, que durante 2 ou 3 días de maneira intensa vaise estar aglomerando, vai haber algúns cortes de tráfico, pero faise necesario para que se cadra xa para a semana que vén se poidan dar xa os últimos toques para que esta obra sexa operativa e válida para os alumnos e alumnas dos colexios, para toda a cidadanía das parroquias do interior que entra na vila por esta zona e, definitiva, para todo o público en xeral”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...