InicioOrientalRibadeoO punto limpo móbil de Ribadeo estará até o 4 de maio...

O punto limpo móbil de Ribadeo estará até o 4 de maio na parroquia de Arante

O edil ribadense lembrou que “a veciñanza pode depositar no punto limpo móbil residuos domésticos”.

Publicada o

- Advertisement -

O punto móbil do Concello está ata o 4 de maio a carón do teleclube de Arante. Trátase da novena parada deste vehículo, adquirido para dar servizo ás parroquias.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, explica que “rematamos a primeira quenda do calendario que establecemos para este 2023 co obxectivo de que toda a veciñanza de Ribadeo poida reciclar da mellor maneira posible achegando este punto móbil a nove parroquias”.

O edil ribadense lembrou que “a veciñanza pode depositar no punto limpo móbil residuos domésticos como aceite usado, pilas, aparatos electrónicos pequenos, luminarias, CDs, DVDs, radiografías, cápsulas de café, etcétera”.

Do 4 ao 18 de maio o punto móbil estará en Vilaselán, do 18 de maio ao 1 de xuño volverá a Piñeira, do 1 ao 15 de xuño visitará Vilaframil, do 15 ao 29 de xuño na Devesa, do 29 de xuño ao 13 de xullo en Santalla de Vilausende, do 13 ao 27 de xullo volverá a Couxela, do 27 de xullo ao 10 de agosto estará en Cedofeita, do 10 ao 24 de agosto en Covelas e rematará a segunda quenda en Arante do 24 de agosto ao 7 de setembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...