InicioOrientalRibadeoO libro 'A Gruta da Torre' inspira un roteiro en Ribadeo no...

O libro ‘A Gruta da Torre’ inspira un roteiro en Ribadeo no que participan 150 estudantes

Esta ruta enmarcouse no ciclo o Concello cos Coles, que busca ofrecer desde as diferentes áreas municipais actividades complementarias durante todo o curso aos centros de ensino ribadenses.

Publicada o

- Advertisement -

Cento cincuenta estudantes do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e do Ceip Gregorio Sanz participaron onte nun roteiro que xirou arredor de A gruta da torre, novela xuvenil da que é autor o lucense Lois Pérez, que acadou o premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil e xuvenil pola igualdade 2021, convocado polo IESCHA, en colaboración co Concello de Vilalba e Edicións Xerais. A devandita obra discorre por varios lugares da vila ribadense.

O roteiro tivo lugar durante a mañá de onte, luns. De 9 a 11 para o alumnado do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e de 12 a 14 horas para as rapazas e os rapaces do Ceip Gregorio Sanz. Coa axuda de Lois Pérez descubriron de primeira man os lugares polos que transcorre a súa novela, a Torre dos Moreno, a rúa San Roque, a Illa Pancha, a rúa da Trinidade, a Atalaia ou Cabanela. Estas foron algunhas das paradas onde o alumnado e o profesorado puideron profundar en aspectos e anécdotas do libro.

Esta ruta enmarcouse no ciclo o Concello cos Coles, que busca ofrecer desde as diferentes áreas municipais actividades complementarias durante todo o curso aos centros de ensino ribadenses.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...