InicioOrientalRibadeoAlumnos de centros de ensino de Ribadeo participan en obradoiros de queixo

Alumnos de centros de ensino de Ribadeo participan en obradoiros de queixo

O alcalde, Suárez Barcia contou que “agora nestes días de abril e tamén en maio continuaremos con estes obradoiros para os pícaros e pícaras”.

Publicada o

- Advertisement -

Alumnado dos colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón e do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo participan estes días nos obradoiros de elaboración de queixos, que organiza o Concello e que teñen lugar no Centro Pedro Murias. Xunto ás nenas e aos nenos estiveron hoxe o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz. 

O rexedor comentou: “cunha enorme ilusión compartida: por unha banda polos pícaros e pícaras dos colexios; e pola outra polo Concello de Ribadeo, por programar novamente estes obradoiros de queixo para esta xente moza, que moitos deles estamos seguros de que é a primeira vez que se achegan a procesos deste tipo, vinculados co valor que lle temos que dar ao sector primario e non esquecelo desde as idades máis cedas da vida. Por iso planificamos e pedimos autorización para poder utilizar as instalacións de Pedro Murias, que son magníficas pero que están moitas veces ociosas; de aí que precisamente desde o Concello hai anos que lle vimos requirindo á Xunta de Galicia que actualice este padroado que temos caducado desde hai varios anos, entre o Concello e a Xunta de Galicia, para poñer en valor e darlle moito máis uso a estas marabillosas instalacións de Pedro Murias”.

Suárez Barcia contou que “agora nestes días de abril e tamén en maio continuaremos con estes obradoiros para os pícaros e pícaras do Gregorio Sanz, do Sagrado Corazón e do IES Dionisio Gamallo”. A actividade enmárcase no ciclo O Concello cos Coles.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...