InicioOrientalRibadeoAlumnado do IES Ribadeo Dionisio Gamallo describe o intercambio con centros alemáns

Alumnado do IES Ribadeo Dionisio Gamallo describe o intercambio con centros alemáns

O IES Dionisio Gamallo levaba uns anos sen poder realizar estas actividades. Esta é unha crónica que fan da súa viaxe en 2023.

Publicada o

- Advertisement -

Despois de varios cursos sen levar a cabo intercambios, o IES Ribadeo Dionisio Gamallo volveu recuperar aos seus socios do Karl von Frisch Gymnasium de Dusslingen, e unha nova xeración de alumnos e alumnas ribadenses, como embaixadores junior do Parlamento Europeo, visitaron Alemaña durante sete días para coñecer algunha das cidades máis importantes da rexión de Baden-Württemberg e comparar o sistema educativo asistindo ás clases no instituto alemán e descubrindo a súa cultura.

Durante estes días nos que acompañou o bo tempo, agás algunha treboada pasaxeira, puideron coñecer Estrasburgo e o campo de concentración de Struthof-Natzviller, a escasos 50 quilómetros da cidade, achegándose así aos dous polos extremos das relacións humanas: a guerra por unha parte, con todas as atrocidades e catástrofes máis alá do imaxinable, e por outro lado o desexo de paz, progreso e cooperación que son valores primordiais da Unión Europea e que lembramos durante o paseo polas institucións desta cidade francesa que produciu a Marsellesa e a bandeira azul coas estrelas douradas. Deixándonos levar polo fluír lento do río Ill pasamos da Petite-France ata os modernos edificios que albergan durante varios días cada mes a vida política presente e futura de Europa.

A segunda viaxe longa levounos ata Heidelberg, a cidade con fama de ser a máis bonita de Alemaña e coas rúas peonís máis longas, tamén é a cidade alemá coa Universidade máis antiga (1386), pola que pasaron ao longo dos tempos non só o máis insigne escritor alemán, W. Goethe, senón tamén Martín Lutero, os filósofos existenciales Alfred Weber e Karl Jaspers, Hegel, o pai da dialéctica, o novelista estadounidense Mark Twain, o pai do romanticismo alemán Joseph von Eichendorff, o músico Shumann, o pintor británico William Turner, o creador da primeira táboa periódica dos elementos Dmitri Mendeléyevl, o químico Robert W. Bunsen, a filósofa Hannah Arendt, J. Habermas, M. Weber, H.G. Gadamer o creador da hermenéutica filosófica,… un listado inacabable que agardamos que siga aumentando ao infinito.

A 40 quilómetros ao norte está a capital desta rexión e unha das seis cidades alemás máis alemás: Stuttgart, unha cidade completamente destruída polos bombardeos na IIª Guerra Mundial (os seus escombros converteríanse no monte Birkenkopf, coñecido como monte Scherbelino), e berce da industria do automóbil. A visita ao museo Mercedes-Benz é obrigada e inevitable sem pretender caer en comparacións.

O centro alemán está a escasos quilómetros de Tübingen, cidade universitaria por excelencia (de feito a segunda máis antiga de Alemaña) e que conserva a mesma formalidade estudiantil que cando Schelling, Hegel, Hölderling e o inevitable Goethe estudaron na súa mocidade, ou o físico Geiger, o astrónomo J. Kepler.

Estamos convencidos de que as experiencias vividas marcarán positivamente esta etapa estudantil do noso alumnado, que recibirá aos seus colegas a finais de xuño completando así un ciclo de aprendizaxe e unha nova etapa no coñecemento do sistema educativo, a cultura e a forma de vida e de traballo dos nosos veciños.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...