InicioOrientalRibadeoA Nao Victoria poderase visitar no porto deportivo de Ribadeo do 12...

A Nao Victoria poderase visitar no porto deportivo de Ribadeo do 12 ao 14 de maio

O concelleiro Pablo Vizoso Galdo engadiu que “o paso desta embarcación está organizado pola Fundación Nao Victoria, polo Real Club Náutico de Ribadeo e polo Concello de Ribadeo”.

Publicada o

- Advertisement -

Entre o 12 e o 14 de maio poderase visitar no porto de Ribadeo a Nao Victoria. Trátase dunha réplica da embarcación orixinal, que foi construída para a Expo de Sevilla de 1992, e que deu a volta ao mundo entre 2004 e 2006.

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explicou que “do 12 ao 14 de maio, por primeira vez en Ribadeo, poderase visitar no porto deportivo a Nao Victoria, protagonista da primeira volta ao mundo no século XVI (entre os anos 1519 e 1522). Trátase dunha réplica desa embarcación, que foi construída para a Expo 92, e que fixo o mesmo percorrido que a orixinal entre 2004 e 2006”.

O 8 de setembro de 1522 dezaoito homes, baixo o mando de Juan Sebastián Elcano e a bordo da Nao Victoria, lograron o maior fito da historia da navegación. Despois de tres anos de sufrimento no mar foron os primeiros en cruzar os grandes océanos e dar a coñecer o tamaño real da terra.

Esta Nao, réplica do barco de Fernando de Magallanes, ten unha superficie útil de 120 metros cadrados en diferentes cubertas, 290 metros cadrados de superficie bélica, 3,20 metros de calado, 26 metros de eslora, 7 metros de manga, 3 paus e 6 velas e ten capacidade para 100 persoas ampliable segundo disposicións.

O edil ribadense indicou que “as visitas á Nao Victoria, no porto deportivo, poderán realizarse do 12 ao 14 de maio de 10 a 20 horas. O prezo das entradas é de 6 euros para as persoas adultas, de 3 euros para nenas e nenos de 5 a 10 anos, gratis para menores de 5 anos e de 15 euros para as familias (paquete de 2 adultos e ata dous nenxs de 5 a 10 anos). As entradas poden mercarse en fundacionnaovictoria.org”.

Vizoso Galdo engadiu que “o paso por Ribadeo desta embarcación está organizado pola Fundación Nao Victoria, polo Real Club Náutico de Ribadeo e polo Concello de Ribadeo”.

No acto de presentación participaron os concelleiros de Cultura e Turismo, Pilar Otero e Pablo Vizoso, xunto ao presidente e o tesoureiro do RCNR, Pablo Fernández e Francisco Cancio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...