InicioOrientalRibadeoO alcalde de Ribadeo destaca a forza urbanística da vila coas licenzas...

O alcalde de Ribadeo destaca a forza urbanística da vila coas licenzas de obra concedidas

Suárez Barcia explicou que “así, nesta xunta de goberno demos licenza de obras, entre outras, para a construción dunha nova vivenda na Rúa Amador Fernández”.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Fernando Suárez, destaca o músculo que está a coller Ribadeo nos últimos tempos. Deste xeito refírese ás licencias de obras que concede cada quince día a xunta de goberno local.

O rexedor contou que “vimos de celebrar coa normalidade destes últimos anos unha xunta de goberno local, coa periodicidade quincenal. Deste xeito, os expedientes, especialmente os de obras, non sofren demoras na tramitación e aplicamos con rigor os principios de eficacia e celeridade no tratamento dos asuntos administrativos. Apoiados nisto e tamén na satisfacción de ter feito os deberes de ter vixente un moderno Plan Xeral de Ordenación Municipal e un Plan Especial do Casco Vello, entre outros instrumentos, que facilita e dá seguridade xurídica a toda esta mellora continuada que vemos en Ribadeo nestes últimos anos”.

Suárez Barcia explicou que “así, nesta xunta de goberno demos licenza de obras, entre outras, para a construción dunha nova vivenda na Rúa Amador Fernández, a rehabilitación integral doutra vivenda no barrio dos Galos así como a ampliación dun establecemento de hostalaría no peirao de Porcillán”.

O alcalde dixo que “xa empeza a ser habitual que en cada xuntanza quincenal no goberno outorguemos algunha licenza de obras maiores, tanto na vila como nas parroquias. E isto é un bo síntoma do músculo que está a coller Ribadeo nestes últimos tempos, fortalecido tamén pola seguridade xurídica que ofrecemos desde o Concello”.

Fernando Suárez tamén indicou que “a día de hoxe hai varios expedientes en diferentes graos de tramitación para empezar a desenvolver polígonos urbanísticos de ámbitos urbanos que están contemplados no Pxom. Nestas novas zonas urbanas previstas, pódese construír pero a lexislación tamén obrigará aos promotores a facer unha serie de cesións de superficies para espazos públicos verdes, dotacionais, aparcamentos, etc. Estas tramitacións son mais longas porque precisan de informes preceptivos autonómicos, que son os puntos nos que estamos neste momento, pero que se irán vendo nos próximos tempos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...