InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo non dará permisos que limiten o acceso público,...

O Concello de Ribadeo non dará permisos que limiten o acceso público, como a porta á Illa Pancha

O alcalde, Fernando Suárez, volveu reclamar o arranxo do acceso á Illa Pancha, competencia da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Fernando Suárez, advirte que desde o Concello non se darán permisos que non cumpran coas leis e que limiten os accesos públicos a espazos públicos. Deste xeito se referiu ás intencións da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao de repoñer a porta de acceso á Illa Pancha.

O rexedor declarou: “ese presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, nomeado a dedo pola Xunta de Galicia, mandará nos terreos da Illa Pancha, pero o alcalde, nomeado democraticamente polos veciños e polas veciñas de Ribadeo, manda na totalidade do concello. E como mandamos, temos a obriga e a responsabilidade de cumprir e facer cumprir as leis”.

Suárez Barcia dixo: “eu desde logo, atendendo sempre ao asesoramento xurídico, sei cales son as leis, polo que no meu día a día tento ser moi pulcro no cumprimento delas a través das nosas resolucións e neste caso, aínda por riba, cando están avaladas por numerosos pronunciamentos xudiciais de varios Tribunais”.

O alcalde subliñou: “así que, polo tanto, un aviso: en Ribadeo non sei vai facer nada que non conte cos permisos, licencias e autorizacións pertinentes. E desde o Concello, ningún permiso se dará que non cumpra coas leis e que limite accesos públicos a espazos públicos”.

Fernando Suárez volveu reclamar o arranxo do acceso á Illa Pancha, competencia da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao: “entrementres, por favor, que esa xentiña da Autoridade Portuaria se poñan a tapar as fochancas do vieiro de acceso á illa, que é da súa responsabilidade, e está que dá noxo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...