InicioOrientalRibadeoRibadeo realiza varias accións de conservación do campo de Outeiro situado na...

Ribadeo realiza varias accións de conservación do campo de Outeiro situado na Devesa

O concelleiro de Deporte, Jorge Díaz, sinala que "este campo ten un mellor aspecto para a próxima tempada xa estará operativo para os adestramentos tanto do Ribadeo FC como da SD Ribadeo”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello realiza estes días tarefas de abonado e segado no Campo de Outeiro, na Devesa, que estará listo para a vindeira tempada. 

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, contou que “estamos a levar a cabo os primeiros traballos de abonado e segado no Campo de Outeiro, na Devesa. Desde hai unhas semanas este campo ten un mellor aspecto porque está verde e relucente e para a próxima tempada xa estará operativo para os adestramentos tanto do Ribadeo FC como da SD Ribadeo”.

O edil ribadense dixo que “foron uns traballos con bastantes complicacións debido á meteoroloxía, que foi a que marcou toda esta obra. E agora, con este abonado e os segados antes de que se empece a utilizar, cremos que o campo vai quedar en bo estado para estes adestramentos e outro tipo de eventos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...