InicioOrientalRibadeoRibadeo acollerá o XaraFest, festival de música underground para o 2 de...

Ribadeo acollerá o XaraFest, festival de música underground para o 2 de setembro

Os promotores deste evento en Ribadeo comentan que seguen buscando financiamento para o XaraFest.

Publicada o

- Advertisement -

O día 2 de setembro, sábado, celebrarase en Ribadeo, concretamente no Cantón dos Moreno, o primeiro festival de música underground denominado XaraFest. Está organizado por 4 mozos ribadenses: Alberto González Díaz, Alejandro López Pena, Mario González García e Javier López del Río. Os organizadores explican: “a nosa motivación, como di o manifesto que temos nas nosas redes, é ofrecer aos mozos da zona un tipo de lecer moi estendido, pero que lamentablemente non se ve nin na Mariña Lucense nin no Occidente asturiano, polo que para poder gozar del debemos ir normalmente a outras cidades como Santiago ou Xixón”.

A organización do XaraFest destaca que “neste proxecto colaborarán o Concello de Ribadeo, a Comisión de Festas de Ribadeo, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, así como algúns patrocinadores privados que anunciaremos proximamente. O festival terá lugar o 2 de setembro e a nosa intención é que se prolongue ao longo de todo o día, con diferentes actividades que iremos anunciando nas nosas redes sociais ata a data do evento e comezando os concertos sobre as 19 horas. A entrada será gratuíta e poderase gozar de varias actuacións de diferentes artistas relacionados co xénero underground e coñecidos a nivel nacional. As confirmacións destes artistas comezaron esta semana co anuncio dos raperos madrileños Ergo Prol e IllPekeño, a través dun vídeo no que eles mesmos dan a coñecer a súa actuación. Trátase de dous artistas de gran relevancia na actualidade, situándose entre os máximos expoñentes do rap no noso país, que contan por millóns as reproducións dos seus temas en Spotify e que tamén anunciaron unha xira por toda España na que se inclúe Ribadeo. En canto aos demais artistas iremos revelando nas próximas semanas a través das nosas páxinas de instagram, facebook e tiktok”.

Para finalizar os promotores deste evento en Ribadeo comentan que seguen buscando financiamento para o XaraFest, “polo que se algunha empresa está interesada en aparecer no cartel ou en axudar coa cantidade económica que considere que non dubide en contactarnos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...