InicioOrientalRibadeoA Área de Mocidade da Deputación e o Club de Piragüismo de...

A Área de Mocidade da Deputación e o Club de Piragüismo de Ribadeo asinan un convenio de colaboración

A deputada de Mocidade, Mónica Freire, explicou que “con esta colaboración, tratamos de contribuír á actividade dun club que está a render a un nivel extraordinario no deportivo".

Publicada o

- Advertisement -

O Club Piragüismo Altruán de Ribadeo adquiriu unha nova furgoneta para os desprazamentos de deportistas e material a adestramentos e competicións, coa colaboración da Área de Mocidade da Deputación de Lugo, que achega unha partida de 24.000 euros. No salón de plenos do Concello tivo lugar a sinatura do correspondente convenio de colaboración.

A deputada de Mocidade, Mónica Freire, dixo que “se trata dunha furgoneta multipraza, con barras de equipaxe e habilitada para acoplar un remolque que permita trasladar as embarcacións, un recurso imprescindible para o desenvolvemento da actividade do club, despois de nas últimas semanas avariase o único vehículo destas características do que dispoñían”.

A tamén concelleira de Igualdade explicou que “con esta colaboración, tratamos de contribuír á actividade dun club que está a render a un nivel extraordinario no deportivo pero que, sobre todo, ofrece á nenas e nenos de Ribadeo a posibilidade de facer deporte desde as primeiras idades e adquirir rutinas saudables, con todos os beneficios que iso ten a nivel persoal e social”.

O presidente do club Altruán, José Ángel Fernández, subliñou que “a axuda da Área de Mocidade da Deputación resulta crucial e determinante para que o proxecto deportivo do Altruán, que está dando os seus froitos, poida levarse a cabo”.

E lembrou que “os desprazamentos son parte fundamental da actividade do CP Altrúan, que participa tanto en competicións locais, como na liga provincial, como en probas a nivel galego ou estatal. Como exemplo, os últimos desprazamentos foron a Arcos de la Frontera en Cadiz e Muíños (Ourense) para participar nos campionatos estatal e galego”.

O Altruán, que leva máis de 40 anos de actividade ininterrumpida en Ribadeo, conta con medio cento de licencias de deportistas que participan en competicións federadas. Ademais, desenvolve unha intensa actividade na promoción do kaiak de mar non competitivo ou no fomento de prácticas deportivas inclusivas, promovendo o disfrute social e sostible da ría de Ribadeo.

Estiveron presentes no acto de sinatura entre a Deputación e o club Altruán os concelleiros de Deportes e Economía, Jorge Díaz e Pablo Vizoso, ademais de Mónica Freire e José Angel Fernández.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...