InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo recibe 127.000 euros pola venda mediante poxa de...

O Concello de Ribadeo recibe 127.000 euros pola venda mediante poxa de dous inmobles

O concelleiro Pablo Vizoso subliñou que “cando os importes sexan ingresados, serán consignados para financiar parcialmente os as expropiacións dos terreos para o novo centro de saúde".

Publicada o

- Advertisement -

. O Concello obtivo 127.000 euros pola venda a través de poxa pública de dous inmobles, un situado na rúa Deputación e outro en Amando Pérez. Una vez que eses cartos cheguen ás arcas municipais serán consignados en depósito para financiar parcialmente os custes das expropiacións dos terreos para a construción do novo centro de saúde, segundo deu a coñecer este venres o concelleiro de Economía, Pablo Vizoso.  

O edil ribadense lembrou que “hai unhas semanas o Concello ofertou a venda a través de poxa pública de dous inmobles da nosa vila que foron adquiridos a través de embargos e impagos de execucións subsidiarias e multas coercitivas pola desatención sistemática dos seus propietarios e o perigo que ofrecían aos viandantes”.

Vizoso Galdo contou que “as valoracións de saída foron estimadas polos técnicos municipais cifrándoas nun total de 101.000 euros polos dous inmobles. Un na rúa Deputación e outro na rúa Amando Pérez. Temos que indicar que houbo interese en consultar o expediente en todo este tempo e que finalmente houbo licitadores para os dous inmobles que presentaron as súas ofertas en tempo e forma”.

O concelleiro de Economía explicou que “ao final, a proposta de adxudicación será loxicamente por quen mais ofreceu por cada un deles. No primeiro caso, para unha pequena vivenda do casco histórico, a maior oferta foi de 15.885 euros e para o segundo, que é un solar na rúa Deputación, nº 1, a cifra foi de 111.345 euros, o que supón un total de 127.230 euros”.

Pablo Vizoso subliñou que “unha vez que estes importes sexan ingresados nas arcas municipais, serán consignados en depósito para financiar parcialmente os custes das expropiacións dos terreos para a construción do novo centro de saúde, cumprindo así o noso compromiso de cesión dos terreos á Xunta de Galicia. Este expediente de modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado hai semanas polo Pleno, atópase actualmente en exposición pública por un prazo de dous meses, tal e como indica a Lei do Solo de Galicia”.

O edil nacionalista engadiu: “finalmente dicir que con esta actuación da venda destas propiedades, estamos a pechar o ciclo de poñer en valor estes recursos para que se apliquen a fins de interese público. Isto, desde logo, é pechar o ciclo para que cumpra cos principios de eficiencia, rendibilidade e transparencia”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...