InicioOrientalRibadeoO concerto da Banda de Ribadeo polas Letras Galegas, dedicado aos músicos...

O concerto da Banda de Ribadeo polas Letras Galegas, dedicado aos músicos Choupín e Rogelio Groba

Nesa actuación debutou a clarinetista Antía Uroz Roca.

Publicada o

- Advertisement -

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofreceu onte, sábado, no Teatro ribadense o seu tradicional concerto para conmemorar o Día das Letras Galegas. Nesa actuación debutou a clarinetista Antía Uroz Roca e foron homenaxeados o ribadense Choupín (Víctor Manuel Sanjurjo Láncara) e o compositor Rogelio Groba Groba, os dous falecidos recentemente.

O director da formación ribadense, David Ballester Martínez, explicou que unha das pezas, Lugo-Ferrol, de Gregorio Baudot, tocouse no primeiro concerto da actual etapa da Banda de Ribadeo, o 25 de xaneiro de 1992, e onte volveron interpretala para recordar a Choupín, que foi un dos maiores impulsores desta Banda.

Ademais para homenaxear ao compositor Rogelio Groba, que “foi un dos máis importantes compositores galegos de música para bandas”, tocaron tres obras súas: Fiesta en Montañy, Aleserman e A Freixa. As dúas primeiras foron interpretadas por primeira vez pola Banda ribadense, que tamén ofreceu onte estas outras pezas: Nostalgia, de Rossano Galante; The Blues Factory, de Jacob de Haan; Mar y Cielo, de Jorge L. Vargas, Balancé, de Reveriano Soutullo; e como bises tocaron Mi tierra gallega, de Ricardo Ceratto e Prudencio Romo, e o himno galego.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...