InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo instala un valo publicitario reivindicando os dereitos LGTBIQ+

O Concello de Ribadeo instala un valo publicitario reivindicando os dereitos LGTBIQ+

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explicou que “queremos aproveitar esta data para facer unha chamada á igualdade e ao respecto pola diversidade na nosa vila”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo instalou un valo publicitario xunto á gasolineira Repsol, á entrada da vila, para reivindicar os dereitos da comunidade LGTBIQ+ con ocasión da conmemoración o 28 de xuño do Día do Orgullo.

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explicou que “queremos aproveitar esta data para facer unha chamada á igualdade e ao respecto pola diversidade na nosa vila”.

A edil ribadense dixo que “o valo publicitario leva un lema que reflicte a identidade do noso pobo e o seu orgullo pola súa diversidade: Ribadeo síntese orgullosa coa diversidade”.

Freire Rancaño engadiu que “representa o noso compromiso coa igualdade e os dereitos da comunidade LGTBIQ+. Queremos mostrar que somos unha vila aberta e acolledora, onde todas as persoas son valoradas e respectadas sen importar a súa orientación sexual ou identidade de xénero”

O Concello de Ribadeo está comprometido coa promoción dunha comunidade inclusiva e acolledora, onde todas as persoas son valoradas e respectadas. Esperamos que este valo publicitario sexa unha expresión tanxible dese compromiso e un recordatorio de que en Ribadeo, sentímonos orgulloso@s da nosa diversidade”, sinalou a concelleira de Igualdade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...