InicioOrientalRibadeoO punto limpo móbil do Concello de Ribadeo estará até o 1...

O punto limpo móbil do Concello de Ribadeo estará até o 1 de xuño en Piñeira

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, explica que “seguimos en Piñeira con esta segunda quenda do calendario establecido para este 2023".

Publicada o

- Advertisement -

O punto limpo móbil do Concello estará ata o 1 de xuño en Piñeira no campo da festa. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, explica que “seguimos en Piñeira con esta segunda quenda do calendario establecido para este 2023 co obxectivo de que toda a veciñanza de Ribadeo poida reciclar da mellor maneira posible”.

No punto limpo móbil poden depositarse residuos domésticos como aceite usado, pilas, aparatos electrónicos pequenos, luminarias, CDs, DVDs, radiografías, cápsulas de café, etcétera”.

O punto limpo móbil do Concello de Ribadeo estará do 1 ao 15 de xuño en Vilaframil, do 15 ao 29 de xuño na Devesa, do 29 de xuño ao 13 de xullo en Santalla de Vilausende, do 13 ao 27 de xullo volverá a Couxela, do 27 de xullo ao 10 de agosto estará en Cedofeita, do 10 ao 24 de agosto en Covelas e rematará a segunda quenda en Arante do 24 de agosto ao 7 de setembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...