InicioEconomíaACISA Ribadeo presenta o seu servizo de bolsa de emprego para asociados...

ACISA Ribadeo presenta o seu servizo de bolsa de emprego para asociados e asociadas

A presidenta de Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Carmen Cruzado, explicou que "“por sorte a tempada turística cada vez comeza antes e urxe ir cubrindo vacantes".

Publicada o

- Advertisement -

¡

Acisa Ribadeo presenta a súa bolsa de emprego. Trátase dun servizo que ofrece ás súas asociadas e asociados de cara á tempada de verán. A presidenta de Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Carmen Cruzado, explicou que “dende Acisa Ribadeo somos plenamente conscientes de que cada vez é mais complicado encontrar persoal cualificado para dar cobertura ás múltiples demandas de emprego tanto de hostalaría, de comercio como de servizos. As causas poden ser moitas, pero o que sabemos obxectivamente é que os nosos negocios necesitan persoal de cara o verán e moitos deles están xa na busca activa de camareiros, axudantes de cociña, dependentas, gobernantas, recepcionistas ou limpadoras, entre outras e outros”.

Cruzado Iglesias dixo: “por sorte a tempada turística cada vez comeza antes e urxe ir cubrindo estas vacantes para que poidamos ofrecer dende os nosos negocios o mellor servizo posible. Esta bolsa de emprego cremos que pode ser un servizo moi importante e útil para as asociadas e asociados de Acisa Ribadeo, tanto para as nosas empresas como para as persoas que se atopan na busca activa de emprego”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “deste xeito Acisa pon a disposición o seu programa de emprego, cunha canle bidireccional. En primeiro lugar, recordámoslles aos nosos socios e socias que poden enviarnos as ofertas de emprego si necesitan cubrir algún posto con necesidades específicas e nos publicámolas nas nosas redes sociais e enviámoslles os currículos que teñamos na nosa base de datos. E en segundo lugar, a novidade deste ano é que toda aquela persoa que estea buscando traballo ou queira traballar de cara o verán en calquera posto de traballo relacionado coas empresas asociadas a Acisa Ribadeo pode enviarnos o seu currículo ao seguinte correo electrónico info@acisaribadeo.es indicando qué empregos son do seu interese e nos terémolos na nosa base de datos e así cando chegue unha oferta laboral, poderemos enviar todos os currículos susceptibles de cubrir ese posto de traballo ás empresas asociadas a Acisa Ribadeo”.

Novos locais asociados

Nas últimas semanas decidiron darse de alta e formar parte da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo negocios como A Menchina, Serendipia, Farmacia Montse Iglesias, Talleres Cardi, Asesoría Administrativa Ribadeo, Floristería Maribel e Cuatro Vientos.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, sinalou: “queremos darlles a benvida a todos estes negocios. Desde que esta directiva chegou a Acisa, a mediados do pasado mes de xullo, levamos tramitadas 19 altas, unha cifra que consideramos moi importante e que agardamos seguir incrementando ao longo das vindeiras semanas. A nosa campaña de captación de socias e socios segue en marcha”.

Pérez Prada, o xerente, manifestou: “é certo que tamén se produciron algunhas baixas, pero o movemento que rexistra Ribadeo de aperturas de novos negocios ou de cambios de xerencia segue a indicar o atractivo e a puxanza que ten a nosa vila, que segue a ser elixida por moitos emprendedores e emprendedoras para dar este importante paso. Grazas a elo Ribadeo segue a ser o referente comarcal comercial e hostaleiro así como destino semanal de moitos veciños e veciñas de toda a contorna para mercar, comer, cenar ou tomar algo. Ribadeo é ano tras ano visita obrigada para milleiros de turistas, de preto e de lonxe”.

E engadiu: “en Acisa seguimos sendo un referente tamén no noso sector, cos servizos que prestamos, coas campañas que organizamos e co dinamismo económico que xeramos ao longo de todo o ano”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...