InicioOrientalRibadeoConcello de Ribadeo e Deputación asinaron hoxe o convenio para mellorar da...

Concello de Ribadeo e Deputación asinaron hoxe o convenio para mellorar da Rúa do Pipelo

A concelleira de Obras, e responsable da Área de Medio Rural da Deputación, Mónica Freire: "o proxecto contempla a mellora e acondicionamento dos servizos de saneamento e abastecemento".

Publicada o

- Advertisement -

Na xunta de goberno da Deputación de Lugo foi aprobado hoxe o convenio para mellora e o acondicionamento da rúa do Pipelo, que a continuación foi asinado pola institución provincial e polo Concello de Ribadeo.

A concelleira de Obras, e responsable da Área de Medio Rural da Deputación, Mónica Freire, fai unha valoración positiva “da importancia que esta actuación terá para esa zona de Ribadeo, en pleno casco histórico. Logo deste paso, da sinatura do convenio, desde o Concello procederemos a licitar este proxecto para poder iniciar as obras canto antes”.

A edil ribadense explicou que “o proxecto contempla a mellora e acondicionamento da rúa do Pipelo, mellorando os servizos de saneamento e abastecemento de auga, colocando un novo pavimento de formigón ao longo da calzada e novas beirarrúas de formigón desactivado, separados entre eles por rigolas e humanizando tamén o espazo con mobiliario urbano e árbores. O orzamento desta importante obra é de cerca de 180.000 euros e ten un prazo de execución de 4 meses”.

Freire Rancaño lembrou que “esta actuación vai unida á ampliación do aparcamento que está situado entre a rúa Nova e a rúa do Pipelo, que pasará de 70 a 140 prazas. Somos conscientes de que o casco vello, como todos os conxuntos históricos, ten problemas para o estacionamento de vehículos e coa creación deste aparcamento o ano pasado quixemos dar solución para facilitar o estacionamento tanto á veciñanza como as persoas que nos visitan. Agora con esta ampliación vaise duplicar a capacidade deste espazo, mellorando tamén os accesos, para facilitar a entrada e saída dos vehículos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...