InicioOrientalRibadeoRibadeo quere executar unha senda peonil no barrio da Lodeira

Ribadeo quere executar unha senda peonil no barrio da Lodeira

A concelleira Mónica Freire dixo que “a zona por onde se pretende que discorra o sendeiro peonil, atópase con moita maleza, que se debe cortar para que non invada a vía de servizo".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello solicitou permiso a Estradas do Estado para executar unha senda peonil no barrio da Lodeira. A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “coa intención e coa necesidade de comunicar os distintos barrios do noso concello, neste caso queremos aproveitar un espazo existente exterior a un vieiro que comunica os barrios de Os Galos e A Lodeira, e que da continuidade a outro existente que os une coa parroquia de Vilaselán”.

A edil ribadense indicou que “a zona na que queremos actuar é colindante cunha vía de servizo municipal, que comunica as rotondas de saída da A-8 co barrio da Lodeira, e que discorre en paralelo á autovía. Desde A Lodeira e Os Galos chegamos ata Vilaselán por debaixo da ponte da A-8, aproveitando unha das beirarrúas existentes”.

Freire Rancaño dixo que “a zona por onde se pretende que discorra o sendeiro peonil, atópase con moita maleza, que se debe cortar para que non invada a vía de servizo. E logo aproveitarase o sobreancho da calzada que hai nun treito deste percorrido”.

E engadiu que “logo de que os técnicos municipais elaboraran unha memoria valorada desta actuación, vimos de solicitar permiso ao Ministerio de Transportes para poder executar este proxecto canto antes, e converter este espazo nun traxecto seguro, xa que é moi empregado pola veciñanza, que transita a través do arcén, sen ningún tipo de protección, cos riscos que iso supón para a súa seguridade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...