InicioOrientalRibadeoAna Pontón pide en Ribadeo a concentración de votos no BNG dos...

Ana Pontón pide en Ribadeo a concentración de votos no BNG dos que queren “concellos vivos”

"En Ribadeo vemos perfectamente en que consiste o modelo municipal do BNG, sinónimo de prestixio, de calidade de vida, de transformación en positivo", expresou Ana Pontón.

Publicada o

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acompañou este mércores ao candidato á alcaldía de Ribadeo, Pablo Vizoso, nun percorrido polo centro da localidade, onde pediu concentrar na formación nacionalista o voto dos que queren “concellos vivos” e con “dinamismo económico e social”.

A líder nacionalista apuntou que Ribadeo se converteu nun “exemplo do modelo municipal de éxito do BNG”, con “un urbanismo de calidade e cunha aposta polo tecido económico local, moi en particular cun comercio de proximidade que dinamiza, crea riqueza e emprego e revitaliza socialmente”.

“En Ribadeo vemos perfectamente en que consiste o modelo municipal do BNG, sinónimo de prestixio, de calidade de vida, de transformación en positivo. Un modelo de que dinamiza vilas e cidades no económico, social e cultural”, expresou Ana Pontón. Por iso, fixo un chamamento á mobilización e á participación, así como a “sumar no BNG o voto de todas as persoas que queren construír os seus concellos en grande”.

“Quero chamar ao voto polo BNG ás persoas que queren concellos que realmente xeren dinamismo económico e social, concellos que realmente apoien ao seu comercio local, porque é clave pola súa capacidade para xerar emprego, facer barrio, manter activas vilas e cidades e fixar poboación”, destacou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...