InicioOrientalRibadeoObradoiro de coctelería para hostaleiros de cara o Ribadeo Indiano

Obradoiro de coctelería para hostaleiros de cara o Ribadeo Indiano

Tamén se persegue con esta nova iniciativa aportar ao sector ideas novidosas para que poidan ofrecer á súa clientela novos combinados propios dos países de ultramar.

Publicada o

- Advertisement -

Este ano Concello de Ribadeo e Acisa, organizadores do Ribadeo Indiano, comezan as actividades deste evento cun obradoiro de cócteles para os profesionais do sector. Terá lugar o 5 de xuño pola tarde no Parador de Turismo.

Dende a organización preténdese estimular á cidadanía e aos profesionais do sector e ir creando xa a atmosfera propia das xornadas festivas que máis tarde nos acompañarán. Tamén se persegue con esta nova iniciativa aportar ao sector ideas novidosas para que poidan ofrecer á súa clientela novos combinados propios dos países de ultramar.

Esta actividade, o obradoiro de cócteles para a hostalería, terá lugar o luns 5 de xuño ás 16.45 horas no Parador de Ribadeo, e será impartido por Marcos Martínez Iglesias. Este profesional do sector foi galardoado como mellor cocteleiro en 3 campionatos galegos, en 3 campionatos nacionais, nun campionato nacional de coctelería sen alcohol e nun campionato nacional GinTonic.

Os profesionais hostaleiros que precisen máis información poden contactar directamente coa oficina de turismo de Ribadeo ou coas oficinas de Acisa Ribadeo. Para formalizar as inscricións directamente nos seguintes correos electrónicos: info@acisaribadeo.es ou turismo@ribadeo.org. No correo deberase indicar o establecemento e o número de persoas asistentes.

Desde a organizan subliñan que “a conta atrás para o Ribadeo Indiano 2023 comezou e durante o mes de xuño serán varias as actividades a desenvolver coa intención de crear xa ambiente e de ofrecer diferentes alternativas aos sectores implicados e á poboación en xeral”.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...