InicioOrientalRibadeoConcentración en Ribadeo para esta tarde en repulsa do último asasinato machista...

Concentración en Ribadeo para esta tarde en repulsa do último asasinato machista en Galicia

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire destaca que “debemos unirnos para poñer fin a este flaxelo social que é a violencia machista, garantir a seguridade e a igualdade de todas as mulleres”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo sumarase esta tarde á concentración de repulsa convocada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade para condenar o terrible asasinato machista de Ana Vanessa Serén Penas.

A concelleira de Igualdade, Monica Freire Rancaño, condena rotundamente o asasinato machista de Ana Vanessa Serén Penas e manifesta que “debemos unirnos para poñer fin a este flaxelo social, que é a violencia machista, traballar incansablemente para garantir a seguridade e a igualdade de todas as mulleres”.

E engade: “o Concello de Ribadeo convida a toda a cidadanía a unirse á concentración de repulsa desta tarde, que terá lugar na praza 8 de Marzo ás 20:00 horas“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...